DESPOIS DA GUERRA
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2003. 114 páxinas. Prólogo de Xosé Neira Vilas.
Sobre este libro, o poeta Manuel María (1929-2004), escribiu o seguinte:
"Realmente soberbio, tanto polo contido como pola forma. No que entendo trátase dun libro moi ben escrito, nun estilo claro, directo, sobrio e elegante nun idioma cheo de equilibrio. Non sabería que relato destacar. O derradeiro… danos un respiro".
A publicación contén sete relatos curtos baseados en historias reais acontecidas polas Terras de Ordes e Mesía despois do fatídico xullo do ano 1936. Morte, represión, medo, cárcere, fame… son palabras que pertencen a unha época onde primou a crueldade sobre a esperanza.
Preme aquí se o queres ler
CONCELLO DE OROSO
Guía Histórica en Imaxes
Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2004. 226 páxinas. Patrocinado polo Concello de Oroso. Coautor: Daniel Pereiro López.
Achegamento á historia do concello de Oroso. 303 fotografías sobre a evolución de Sigüeiro, capital do concello, e das 11 parroquias que o forman. Imaxes do patrimonio artístico e da evolución socioeconómica de cada parroquia.
Preme aquí se o queres ler
© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez