Libros
            
       Cadernos
     
       Folletos
        
       Audiovisuais
       Recensión
            
       Edición de Publicacións
     
       Actos Públicos
        
       Denuncias
PUBLICACIÓNS
ASOCIACIÓN CULTURAL
"OBRADOIRO DA HISTÓRIA"

© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.


é-memoria
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
ALFONSO SENRA
Deputado a Cortes polo distrito de Santa María de Ordes

Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2000. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado  polas empresas Reyca e Internaco. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Alfonso Senra Bernárdez naceu en Tui no ano 1877 e morreu en Madrid no 1953. Foi xurista e político, ocupando importantes cargos na administración durante o Franquismo. Deputado a Cortes polo distrito de Ordes entre os anos 1916 e 1923. Recóllese a súa vida parlamentaria, recortes de prensa da época e coméntase a súa obra xornalística: crónicas xudiciais e de Dereito Político, algunhas delas recollidas en dous libros, o primeiro editado en Vigo (1901) e o segundo en Madrid (1933). A rúa Real de Ordes pasou a chamarse avenida Alfonso Senra.


MANUEL LOIS GARCÍA
O Soldado Lois

Editado pola A.C. Obradoiro da História. Ordes, 2001. Formato tríptico tamaño A3. Patrocinado pola Concellería de Cultura do Concello de Ordes e pola empresa Viaxes Cristín. Deseños de Xan Ferreiro Boquete.
Manuel Lois naceu nas proximidades de Ordes no ano 1912 e morreu no 1937 na Guerra Civil nun enfrontamento entre o cruceiro Baleares (do lado Nacional ou Franquista) e varios barcos da mariña republicana. O soldado Lois evitou unha serie de explosións no Baleares, un xesto que lle custou a vida. Esta acción serviulle ao Exército Franquista para convertelo nun heroe e outorgarlle as máximas distincións militares. A alameda de Ordes leva o seu nome.




máis ...