© Manuel Pazos Gómez
Reservados todos os dereitos legais. Ningún contido desta páxina poderá ser reproducido ou modificado sen permiso do propietario.
Páxina persoal de Manuel Pazos Gómez
XORNADA LITERARIA CON XOSÉ NEIRA VILAS
Primeira xornada literaria celebrada na Casa da Cultura de Ordes o día 28 de novembro do ano 1997. Organizada pola A.C. Obradoiro da História e patrocinada por Caixa Vigo, Rafra, Marmoría Siverio e Internaco. Realizouse unha exposición e venda de libros do convidado e de Anisia Miranda, cunha sinatura de obras dos dous escritores. A conferencia de Xosé Neira Vilas versou sobre A Galicia Emigrante e foi presentada por Manuel Pazos Gómez. Clausurou o acto o grupo de música tradicional Ruote. O auditorio da Casa da Cultura encheuse de xente e vendéronse máis dun cento de libros dos autores convidados.
XORNADA LITERARIA CON SUSO DE TORO
Segunda xornada celebrada en Ordes o día 26 de febreiro do ano 1999. Programouse unha exposición e venda de libros do autor, sinatura de exemplares e unha conferencia do convidado titulada Entre a terra e o tempo. As actuacións de Quico Cadabal e do grupo de música tradicional Pandeiromus fecharon unha proveitosa xornada de música e literatura.